miércoles, 17 de septiembre de 2014

CUCHILLO DE FUEGO(hard-core/Pontevedra) venres 19 as 22h

Cuchillo de Fuego (Coitelo de Lume) son de Pontevedra. Haivos certa ironía no nome. Non obstante, Cuchillo de Fuego son un grupo lacerante e abrasivo. A banda consta de catro compoñentes: Xose L. García (Sierpes de la Luz) compuxo as cancións cunha guitarra na súa casa. Convenceu a Juan F. Navazas (Los Collares de Perlas) para que escribira unhas letras e as cantara. Entre ambos convenceron a Berto Fojo (Djalminha) para que lle dera propulsión coa súa batería e a Alex Gayoso (Unicornibot) para que lle dera peso e presencia co seu baixo. Os catro son camaradas do Liceo Mutante, lugar de ensaio e celebración. Orgullo da vila. Faro da ría. Oasis da comarca. Etc. Bandas que dalgunha maneira tiveron incidencia na configuración de Cuchillo de Fuego: Jesus Lizard, Shellac, Tony Lomba, Pissed Jeans, Flipper, Today is the Day, Moho. Temas que tratan as cancións de Cuchillo de Fuego: España (varias dimensións), A dor e o pracer, Pontevedra, Crises existenciais (leves), Relacións cotiás, Os propios membros do grupo, Cafeterías. Os concertos adoitan durar ó redor de 35’. Moita intensidade. Gran potencia da base rítmica e exuberancia de riffs de guitarra. Gran entrega do cantante. Excelente comunicación co público. É doado empatizar coa mensaxe e a súa vehemencia ao comunicala. Presentarán o seu primeiro disco Triple España exhaustivamente por Galicia e en varias cidades españolas durante os derradeiros meses de 2014 e os primeiros de 2015. Garantizan contundencia e pasión ao tempo que diálogo e honestidade. Cero especulación.
https://cuchillodefuego.bandcamp.com/
http://www.vice.com/es/read/cuchillo-de-fuego-455
https://www.youtube.com/watch?v=SeJEqt2DknI
https://www.youtube.com/watch?v=yALpw5FcWco
https://www.youtube.com/watch?v=Cp2Mnt6tnn0

No hay comentarios:

Publicar un comentario