CUCHILLO DE FUEGO(hard-core/Pontevedra) venres 19 as 22h
Cuchillo de Fuego (Coitelo de Lume) son de Pontevedra.
Haivos certa ironía no nome. Non obstante, Cuchillo de Fuego son un
grupo lacerante e abrasivo. A banda consta de catro compoñentes: Xose L.
García (Sierpes de la Luz) compuxo as cancións cunha guitarra na súa
casa. Convenceu a Juan F. Navazas (Los Collares de Perlas) para que
escribira unhas letras e as cantara. Entre ambos convenceron a Berto
Fojo (Djalminha) para que lle dera propulsión coa súa batería e a Alex
Gayoso (Unicornibot) para que lle dera peso e presencia co seu baixo. Os
catro son camaradas do Liceo Mutante, lugar de ensaio e celebración.
Orgullo da vila. Faro da ría. Oasis da comarca. Etc. Bandas que dalgunha
maneira tiveron incidencia na configuración
de Cuchillo de Fuego: Jesus Lizard, Shellac, Tony Lomba, Pissed Jeans,
Flipper, Today is the Day, Moho. Temas que tratan as cancións de
Cuchillo de Fuego: España (varias dimensións), A dor e o pracer,
Pontevedra, Crises existenciais (leves), Relacións cotiás, Os propios
membros do grupo, Cafeterías. Os concertos adoitan durar ó redor de 35’.
Moita intensidade. Gran potencia da base rítmica e exuberancia de riffs
de guitarra. Gran entrega do cantante. Excelente comunicación co
público. É doado empatizar coa mensaxe e a súa vehemencia ao comunicala.
Presentarán o seu primeiro disco Triple España exhaustivamente por
Galicia e en varias cidades españolas durante os derradeiros meses de
2014 e os primeiros de 2015. Garantizan contundencia e pasión ao tempo
que diálogo e honestidade. Cero especulación. https://cuchillodefuego.bandcamp.com/ http://www.vice.com/es/read/cuchillo-de-fuego-455 https://www.youtube.com/watch?v=SeJEqt2DknI https://www.youtube.com/watch?v=yALpw5FcWco https://www.youtube.com/watch?v=Cp2Mnt6tnn0
No hay comentarios:
Publicar un comentario