lunes, 27 de mayo de 2013

SIN RED (free/jazz/poesia) mercores 29 as 22:00h 5€

A música experimental de SIN RED achégase a BUEU O vindeiro mercores 29 de maio , teremos a oportunidade de gozar en Bueu dun concerto de excepción. O cuarteto  SIN RED ofrece no bar labranza en meiro un espectáculo no que combinarán música, poesía e teatralidade e que de certo non deixará indiferente a ninguén. SIN RED é a formación pioneira na península ibérica no uso da improvisación libre, técnica musical que traspasa as fronteiras do jazz para compoñer in situ, no transcurso do propio concerto, melodías e efectos sonoros nos que abundan a sensibilidade, a potencia expresiva e o humor cómplice. SIN RED está composto por Chefa Alonso (saxo soprano, percusión), Cova Villegas (voz), Ildefonso Rodríguez (saxos, clarinetes, frautas, xoguetes) e Víctor M. Díez (poesía, obxectos).  En 2006 obtivo o recoñecemento do Instituto Cervantes como unha das propostas musicais máis talentosas e innovadoras de España, grazas ao cal foron convidados a actuar en diversas xiras por Europa e América. O seu arte sonoro de vangarda, cociñado ante os ollos do público, é asiduo de festivais e centros de arte contemporánea. En 2010 editaron o álbum “Aguacero”, como testemuña da súa traxectoria internacional.

https://www.youtube.com/watch?feature=player_embedded&v=aemygDZR9A0&noredirect=1
https://www.youtube.com/watch?v=QdxDhSW2j84
https://www.youtube.com/watch?v=BbFgQIPo4mM

No hay comentarios:

Publicar un comentario