Desde a súa formación en 2010, Terbutalina non
parou de tocar, de medrar y facer pasalo ben. Estes cinco monógamos e
promiscuos das Rías Baixas pasearon o seu intenso garage-punk
por salas, festivais e festas de todo o Estado. A mellor mostra do rebumbio que teñen
organizado está nos seus directos, nos que non existe a marxe para o descanso.
Terbutalina conta con seis traballos discográficos e colaborou con colectivos como o
Galician Bizarre. Todos os seus discos foron autoeditados e están dispoñibles en libre descarga de maneira gratuíta.
As cousas poden facerse de tres xeitos: polas boas, polas malas e como as fai Terbutalina.
http://www.terbutalina.net/v%C3%ADdeos/
http://www.terbutalina.net/
http://terbutalina.bandcamp.com/
https://www.facebook.com/terbutalina?fref=ts
http://www.terbutalina.net/v%C3%ADdeos/
http://www.terbutalina.net/
http://terbutalina.bandcamp.com/
https://www.facebook.com/terbutalina?fref=ts
No hay comentarios:
Publicar un comentario