miércoles, 13 de junio de 2012

XAN CAMPOS TRIO ( jazz ) luns 18 as 22:30h





                                                           xan campos (piano)
                                                   horacio garcia (contrabaixo)
                                                      iago fernandez (bateria)

Xan Campos Trio é un grupo de jazz con máis de cinco anos de experiencia percorrendo as salas e festivais máis importantes do
país composto por Xan Campos (piano), Horacio García (contrabaixo) e Iago Fernández (batería).

Xan Campos e Iago Fernández inícianse no jazz case de xeito paralelo no Seminario Permanente de Jazz de Pontevedra (con Abe
Rábade e Paco Charlín), onde non tardan en destacar polo seu talento. Ambos colaboran en numerosos proxectos e traballos dis-
cográficos durante anos, o que forxa unha enorme complicidade entre os dous músicos.

Máis adiante, durante a súa etapa de formación no Centro Superior de Música do País Vasco (Musikene) coñecen a Horacio García,
contrabaixista cunha longa experiencia en diferentes formacións e estilos, co que se completa a química e nace Xan Campos Trio.

O novo disco de Xan Campos Trio, Orixe Cero, non ten pasado nin futuro, é o instante mesmo, un traballo realizado á marxe de
calquera idea estética preconcibida onde a única protagonista é unha innovadora visión do jazz.

As múltiples influencias do disco abarcan xéneros que van dende o rock, o pop, a electrónica á música folque, todo elo combinado
coa madurez e experiencia de tres músicos que, a pesar da súa curta idade, son un referente dentro do jazz contemporáneo do país.

Orixe Cero fai fácil o difícil. Tras unha aparencia sinxela, fresca e contundente, agóchase un traballo innovador e complexo, cargado
de estruturas rítmicas elaboradas, progresións harmónicas e melodías pegadizas. Os temas camiñan continuamente entre o esperado
e o inesperado, gardando un perfecto equilibrio entre o que o oído agarda e a sorpresa, cun resultado, sen dúbida, completo e im-
prescindible.

O disco convértese tamén nun pequeno tributo ao avó de Campos, o batería Juan Rial “Palleiro”, un dos primeiros músicos de
jazz de Galicia nos anos 50 e autor do último tema, o valse “Dulce Pepita”, que é recuperado para o peche desta Orixe Cero.



http://xancampos.bandcamp.com/album/orixe-cero
http://www.xancampos.com/
http://www.facebook.com/xancampostrio

No hay comentarios:

Publicar un comentario