Terbutalina faiche bailar como se te duchases todos os días en augardente. Terbutalina é garage-punk festeiro disparado por cinco asmáticos da costa oeste amantes do tabaco, a praia e o matrimonio entre políticos imputados.Desde a súa formación en 2010, este quinteto non parou de tocar, de medrar e divertir a todo o mundo. Estes cinco monógamos e promiscuos galegos pasearon o seu intenso garage-punk por infinidade de festivales esalas. De feito, en 2014 o seu directo levounos a ser seleccionados dentro do circuíto Artistas en Ruta.Terbutalina conta xa con varios traballos discográficos. O seu penúltimo LP, A MUERTE, resultou gañador do Premio a Mellor Álbum en Galegonos Premios da Música Independente. En novembro de 2015 lanzan o seu último traballo, AL OTOMANO SE LE VA LA MANO, gravado no Estudio A Ponte e masterizado por Jim Diamond (The White Stripes, The Sonics) en Ghetto Recorders (Detroit), e que será editado por Folc Records eGrabaciones de Impacto.
Web http://www.terbutalina.net
BandCamp http://terbutalina.bandcamp.com
Facebook http://www.facebook.com/terbutalina
Youtube http://www.youtube.com/somosterbutalina
SoundCloud http://www.soundcloud.com/terbutalina
Twitter http://twitter.com/Terbutalina
Instagram http://instagram.com/terbutalina
No hay comentarios:
Publicar un comentario