miércoles, 5 de febrero de 2014

FATHER MURPHY (psychedelic slow italia) domingo 9 as 21:30 7/10€

Father Murphy no Bar Labranza



Father Murphy son un trío que practica unha música de difícil definición, unha aproximación podería ser a que eles mesmos aportan “psychedelic slow tempo rock doom” e que tén puntos en común con outras formacións contemporáneas como Liars, This Heat ou Jennifer Gentle
Teñen compartido escenario en Estados Unidos con xente como Deerhoof ou Xiu Xiu e son unha das bandas máis admirada neste momento por Michael Gira.
Veñen presentar o seu cuarto disco “Anyway, your children will deny it” (que podedes escoitar aquí), cheo de sonoridades intensas e cancións case holográficas que revelan novos detalles tras cada nova escoita. Do lirismo escuro de Scott Walker á marcialidade dos Swans e da liturxia de Current 93 ao misticismo urbano da Velvet Underground
Estes tres italianos que aseguran ser descendentes do Reverendo Murphy son unha delicia para os oídos máis intrépidos. Se o queres comprobar, terás a oportunidade no Bar Labranza  o  domingo 9 de febreiro  ás 21:30 h e có módico prezo de 7  €. anticipada e 10 na taquilla
 videos
https://www.youtube.com/watch?v=uLoMiPI2Pu4
https://www.youtube.com/watch?v=RhODu2ZxDgQ
https://www.youtube.com/watch?v=zow1W8HfWUA
 audio
http://fathermurphy.bandcamp.com/

http://fathermurphy.blogspot.com.es/
https://www.facebook.com/fathermurphyband?fref=ts 






No hay comentarios:

Publicar un comentario