jueves, 1 de mayo de 2014

CEDEZAOITO + MU sabado 3 de maio as 22h

CEDEZAOITO

Cedezaoito é un dúo pontevedrés formado por membros da célula durminte de terrorismo sónico coñecida como Tora! Tora! Tora! Ritmos pesados, distorsións, ecos, ruídos varios, post-rock, psicodelia, shoegaze e un chisco de "mala leche" son os compoñentes que se poden encontrar neste experimento, do que xa se poden oír algúns resultados na súa demo que está dispoñible na rede dende mediados de xaneiro .

Álex Simón: Guitarra, Voces, Teclados
Yago Arós: Batería, programacións














Mū nacen das cinzas de "The Fingers". O xermen de dita formación, que na súa orixe xa actuara coma dúo, nunca deixou de reunirse para facer ruido. Eles sabían que tarde ou temprano tería que ocurrir. Unhas poucas "fozadas" de pedais e uns cantos baquetazos despóis, por fin decidíronse a compartir a súa maraña sónica co resto da humanidade.

Miguel Neira: Guitarra, voces
Pipo García: Batería

No hay comentarios:

Publicar un comentario