lunes, 30 de julio de 2012


BLA BLA BLA!
FESTIVAL


Sensible Soccers, Guerrera, Lendrone, Salvation Army, Camarada Nimoy e República Disco Apocalipso Dj no Bla Bla Bla!  Festival o sábado 11 de Agosto.

O festival Bla Bla Bla! organizado polo Bar Labraza terá a súa segunda edición o próximo sábado 11 de Agosto, na pista da Morada (Meiro – Bueu)  a partir dás 22:00 horas. Nesta edición o BlaBlaBla! contará coas bandas Sensible Soccers, Guerrera, Lendrone, Salvation Army ,  Camarada Nimoy e República Disco Apocalipso Dj.

Bla Bla Bla! presentase co propósito de dar continuidade a primeira edición do festival que se realizou en 2011, o cal presenta a bandas independentes e alternativas os festivais convencionais, tras o paso da maioría delas en directo polo Bar Labranza.

O festival é gratuíto con entrada de balde e prezos populares. A organización pide os asistentes a colaboración consumindo na barra do festival e mercando camisolas para poder financiar o evento.

O Bla Bla Bla! terá lugar na pista da “Morada”en Meiro – Bueu (Pontevedra) o próximo sábado 11 de Agosto a partir das 22:00 horas.

Para máis información sobre o festival e as bandas ou  xestionar entrevistas non dubidedes en poñervos en contacto. 
Máis información en www.labranzameiro.blogspot.com
https://www.facebook.com/bar.labranza


LENDRONE
Electrónica / Rock - A Coruña

O trío Lendrone, unha das últimas bandas iluminadas do indie coruñés conxugan un son con interese analóxico, intencións psicodélicas e método repetitivo. 
Lendrone estrean material “UNO” o seu primeiro EP, gravado nos Estudios Círculo Polar de O Grove, do que se pode escoitar un adianto na súa páxina de bandcamp: http://lendrone.bandcamp.com/
Un batería de sons secos e enérxicos, un baixista - teclista de melodías kraut e un guitarrista - teclista versátil e prudente creando frases melódicas e destruíndoas en temas de 3-4 minutos.
Unha banda con destreza á hora de interpretar ritmos que van máis aló do catro por catro e un son cheo de orixinalidade. En directo soan cun empaque e unha brutalidade asombrosa con temas como “Donbalón”, “Canyonero”, “Velocirapidor” ou “Electromontrove”.


SALVATION ARMY
Grunge / Punk / Rock - Pontevedra

Salvation Army é un grupo inspirado no punk-rock californiano dos 90. Nacen en decembro de 2010 e presentanos a súa primeira maqueta “Out to play”. Liderados por Bruno T. Ford (Rio Bravo) ao baixo e voz,  G. Maceira guitarra, e V. Mosquera batería. Beben do grunge e rock dos 90.
http://salvationarmy.bandcamp.com/
http://www.myspace.com/salvation.army


GUERRERA
Blues / Psycodelic / Rock/ - Pontevedra

Guerrera, comando de Psychedelic Gipsy Blues, xuntaronse en 2009 para aventurarse en terreos tales como o blues de pantano, o rock psicodélico, a experimentación e a filosofía setenteira. 

Guerrera arranca con forza, gravando o seu primeiro disco en riguroso directo en Planta Sónicoa 2 en Vigo. Naceron en Pontevedra no 2009, formado por membro e ex membros de grupos como Holywater, Ictus ou Cuzco. Din que se tiberan que poñer algunha etiqueta “la etiqueta más sincera es el Blues, porque si no hay Blues en lo que haces no tienes alma, ejecutas pero no tienes alma.”

Participaron no proxecto de La Metamovida, un conxunto de tolos pola música e todo o musical xunto con Cró!, Unicornibot, Why Go, Bough!, Es un Arbol e Durará. La Metamovida surxe en 2011 o redor da “Orquesta Metamovida”, membros das formacións que se xuntaron baixo o concepto de improvisación conducida. Máis información sobre La Metamovida na súa páxina web http://www.metamovida.org
Banda formada por Alvaro Gallego o baixo, Luis Casanova á batería, Hugo Santeiro a guitarra barítono e Alejandro Canoura a guitarra barítono, harmónica e voz.

https://www.facebook.com/guerrerablues


SENSIBLE SOCCER
Electrónica / Pop – Portugal
Os portugueses Sensible Soccers tráenos dende o rural portugués o seu delicado e ensoñador pop electrónico.
Nados de Vila do Conde, Sensible Soccers brotou na forma de dúo, a día de hoxe tratase dun cuarteto portugués integrado por Emanuel Botelho, Filipe Azevedo, Hugo Alfredo Gomes y Né Dos Santos.
Acaban de lanzar o seu primeiro EP,  publicado polo selo AMDISCS en casete e  que serven gratuitamente dende o seu bandcamp. 
A súa música ensambla os sons de guitarras eléctricas  e dos efectos electrónicos de sintes e caixas de ritmo. Capas de sintetizadores, voces murmuradas e fráxiles guitarras. 
https://www.facebook.com/sensiblesoccers



CAMARADA NIMOY
Instrumental / Surf – Vigo
Camarada Nimoy non son unha banda de surf nin de swing nin de jazz. Pero gustan de todos e cada un deses xéneros. Tampouco os seus membros son uns fanáticos trekkies de orellas en punta, pero están fascinados pola vasta multitarefa musical e poética de Leonard Nimoy, maiormente coñecido polo seu papel de Dr. Spock en Star Trek.
Camarada Nimoy é a reunión de catro músicos cun obxectivo: levantar unha proposta propia que se alimenta da música lounge pero tamén do surf terror.
O grupo está formado por Pablo Muñiz (Transilvanians, Foggy Mental Breakdown) ao baixo, Gontxu Muiños (Skacha, Keltoi) a guitarra electrica, Diego de Luis (To Nowhere, Foggy Mental Breakdown), batería, e Paulo Pascual (Foggy Mental Breakdown, Trem Fantasma) a guitarra eléctrica e o theremin.

Lanzada por músicos procedentes de grupos máis escorados cara o rock, a proposta de Camarada Nimoy extrae deles outra experiencia. Unha estrutura dos temas tan peculiar como traballada e o uso da electrónica danlle un carácter diferenciado ao son da banda.


REPUBLICA DISCO APOCALISO
Republica Disco Apocalipso é unha sesión musical que percorre a música de baile dende o Discofunk, a New Wave, Post-Punk e o Synth-Pop de finais dos 70, principiosdos 80; pasando polo Disco Dance Mutante, Electro Beats e Ritmos Tropicais dos 80-90; para rematar cos sons bailables máis actuais.

Todo isto aderezado e remexido con clásicos populares (trapos sucios), sintetizadores, samplers e efectos sonoros.
Ademais da parte musical, compleméntase cunha parte visual na que se inclúen proxeccións de imaxes e texturas manipuladas a tempo real, que
acompañan a reforzan a mensaxe de República Disco Apocalipso: Baile, chispazos e actitude.
República Disco Apocalipso son:
Sisco Larinho, traktor-samples
Jas Processor, dj-electribe-dubs
Ultramariño, visuais-imaxes

https://www.facebook.com/RepublicaDiscoApocalipso

No hay comentarios:

Publicar un comentario