lunes, 23 de abril de 2012

ALTO ! (garage/portugal) venres 27 abril as 22:30 h



ALTO! visitan o Bar Labranza, (Bueu)  o 27 de abril

20 de Febreiro de 2012, dende ese día o primeiro longa-duración dos ALTO!, homónimo e de corazón aberto, xa está nas tendas. 
Ousado como sempre, o grupo de Barcelos liderado polo carismático João Pimenta expón dez temas, resultado de dez viaxes europeas en que o vocalista embarcou. Historias rasgadas de sexo, suor, soidade e revolta, de onde sobresaen experiencias (en primeira persoa) como as revoltas londinenses ou toponímias da memoria, persoais como deben ser. ALTO!, o disco, foi gravado nos Estudios Sá da Bandeira da cidade invicta (Porto), en Novembro de 2011, e ten o selo da editora Lovers & Lollypops. 
O sucesor do EP Computer Says No!, se presentará en Galicia nos próximos días 27 e 28 de abril no Bar Labranza en Bueu e no Pub Cachán en Compostela respectivamente.
Formados en 2008 por membros dos Green Machine e Black Bombaim, acollidos debaixo dun mini-mercado en Barcelos, cariñosamente coñecido como Bunker, os ALTO! están constituídos por João Pimenta (voz), Bruno Costa (guitarra/voz), Ricardo Miranda (guitarra/teclados), Tiago Silva (baixo/voz), Paulo Senra (batería)


No hay comentarios:

Publicar un comentario