http://la-flag.bandcamp.com/
https://www.youtube.com/watch?v=Yr8ficBv_6I
https://www.facebook.com/la.flag
Que pasa chavalada!, o próximo sábado, día 18, vai haber telita no BAR LABRANZA. Os Vozzyow e Jay
van estar a tocar unhas cancións e malia a falta de antelación coa que o
anunciamos, CUNDÍANOS MOGOLLÓN QUE VIÑÉSEDES. Ademais, ao rematar o
bolo, temos unha festa preparada, e si tes tenda de campaña e non es
parvo estás invitado (en serio, temos un detector de parvos). A entrada
son 5 paveles.
Chicharrón nace en Carballo a finais de 2013 da man de
Alberto Vecino, integrante dos desaparecidos Franc3s, Diego Gende e
Rubén Domínguez, pertencente aos extintos Telephones Rouges. En marzo do
2014 entran a gravar o seu primeiro disco no Estudio A Ponte e. en
xuño, o colectivo Prenom edítao como primeira referencia da súa editora.
Con sons entre o dream-pop, o folk, e a BSO de algún western
crepuscular, o seu primeiro disco colleita múltiples críticas positivas,
sendo radiado integramente no prestixioso programa de Radio 3 "Disco
Grande" de Julio Ruiz. Presente entre os mellores discos galegos de
2014, o agora quinteto (Xurxo Meis á batería e Mar Catarina ao teclado)
está a recorrer todo o país presentando o
disco en directo. Os seus concertos son sobre todo, intensos,
emocionais, cheos de momentos álxidos pero nos que tamén se deslizan a
calma, o suspiro ou o lamento.