
https://chicharron.bandcamp.com/
Do outro lado da raia, o barcelense Filipe Miranda trae por primeira vez a Compostela e Bueu, o seu proxecto The Partisan Seed. Filipe Miranda comeza a súa andadura na música cos xa desaparecidos Kafka, unha das bandas máis prolíficas de Portugal nos anos noventa. En 2005 dá inicio ao seu proxecto persoal, The Partisan Seed, presentando un estilo libre de composición e interpretación, privilexiando as mensaxes das letras, que viven entre o amor e a melancolía. Tras os seus dous primeiro traballos editados en Portugal, en maio de 2012 The Partisan Seed, presenta o seu terceiro traballo, 'SpiritWalking' co que realiza unha extensa xira que, ademáis de Portugal, o leva a visitar varios países de Europa. En 2014, edita o que, ata agora, é o seu último traballo, 'Angels On The Boardwalk' recoñecido pola crítica como un dos mellores álbums portugueses do ano 2014. No directo, The Partisan Seed tira de austeridade para condensar toda a forza expresiva das súas composicións, que apertan ao público en ambientes intimistas e cinéticos, nos que parecemos recorrer unha road-movie interior, mentres a voz do Filipe vai susurrándonos temas como “Ana (Road to Santiago)”. Que mellor lugar para cantala?
https://www.youtube.com/watch?v=j4JzgA_czKs
https://thepartisanseed.bandcamp.com/
https://www.youtube.com/watch?v=uv3flT6eCoM
17/04/2015 Bar Labranza, Bueu, 22:00h, 5€ (Chicharrón tocarán este concerto nun formato inédito)
No hay comentarios:
Publicar un comentario