Que pasa chavalada!, o próximo sábado, día 18, vai haber telita no BAR LABRANZA. Os Vozzyow e Jay
van estar a tocar unhas cancións e malia a falta de antelación coa que o
anunciamos, CUNDÍANOS MOGOLLÓN QUE VIÑÉSEDES. Ademais, ao rematar o
bolo, temos unha festa preparada, e si tes tenda de campaña e non es
parvo estás invitado (en serio, temos un detector de parvos). A entrada
son 5 paveles.JAY se forma en 2012 a partir dunha gravación publicada polo xerme Seara Records xunto con Los Locos Hongos e Vietnam.
Gravan o seu primeiro disco a finais daquel ano, que será lanzado en marzo de 2013, por iniciativa do selo asturiano Discos Humeantes. Psicodelia e ruidismo pra bater a cabeza contra a parede.
Tras recorrer pre- África en un par xiras sufridas e recorrer Galicia 30 veces ,editan xunto o poeta Carlos Oroza un 7 " para Seara Records.
Agora están a traballar no seu segundo LP " Los Colegas No Te Olvidan " ( Discos Humeantes ), que será lanzado a mediados de 2015.
https://
Vozzyow nin se crea nin se destrúe, transfórmase. Levan anos tocando xuntos, pero dende septembro de 2014 aumentando a glándula tiroides. Difícil de definir musicalmente, Vozzyow navega entre o hardcore, o metal, os villancicos navideños e as cancións de pokemon (edición vermella e azul).
A ira e a frustración son o motor da máquina, sempre con bo rolo e algún que outro gemido. Tocar e tocar como obxectivo.
Presentan un adianto do seu próximo traballo Petroglifos Mogor coeditado entre Discos Porno e Nostalgia Records + Serigrafía.
http://
No hay comentarios:
Publicar un comentario