viernes, 30 de enero de 2015

CLAIRE TONNA BAND sab 31 21:30h 5€

Night Skin (pel da noite) é un concerto con temas da cantaattrice Claire Tonna de Malta, que transmite a tenra e forte pel que nos dá a vida cando nos fai afrontar emocións e experiencias duras. Trátase de facer fronte á noite, á soidade, ao "non amado", á depresión... á escuridade e á fraxilidade que experimenta a nosa natureza humana ... e como o sufrimento transforma o noso ser. Os temas falan de cómo a luz e a escuridade son dous amantes que fan o amor con nós, cómo nos transforman e nos fan renacer, cómo son a nosa pel máis forte e tenra. A noite é clara como o é o día. Non hai que temer desta nai noite, hai que vivila, deixala que nos ame e transforme o noso ser, que chegue a ter gracia na alma, no noso corpo e na nosa pel. Ata o de agora, este concerto creou nas persoas fortes emocións e un agradecemento por estar vivas e ser amadas en cada respiro que nos dá a vida.


No hay comentarios:

Publicar un comentario