viernes, 20 de junio de 2014

CAMARADA NIMOY domingo 29 xuño 19h 4€

CAMARADA NIMOY
Instrumental / Surf – Vigo

Camarada Nimoy non son unha banda de surf nin de swing nin de jazz, pero gustan de todos e cada un deses xéneros. Tampouco os seus membros son uns fanáticos trekkies de orellas en punta, pero están fascinados pola vasta multitarefa musical e poética de Leonard Nimoy, maiormente coñecido polo seu papel de Spock en Star Trek. Camarada Nimoy é a reunión de catro músicos cun obxectivo: levantar unha proposta propia que se alimenta da música lounge pero tamén do surf terror. Nalgun momento, Mancini; a seguir, Man or Astroman?. Sen poñer cotos ás posibilidades sonoras, pero coa idea de seren recoñecibles. Soaron en radio 3 nunha estupendísima selección instro-surf do programa "El Sótano" pouco despois de facer a súa primeira gravación. Diego RJ dedicoulles estas palabras: "Uno de los artefactos instrumentales más interesantes que ha caído por nuestra trampilla ultimamente" "su primera maqueta, como te decimos muy interesante, por momentos brillante" "Un proyecto instrumental que pretendemos seguir muy de cerca desde aquí desde este sótano de Radio 3" E tamén soaron despedindo outro programa de "El Sótano" chamado "Favoritos instrumentales del 2012" entre bandas internacionais. O grupo está formado por Pablo Muñiz (Transilvanians, Foggy Mental Breakdown) ao baixo, Gontxu Muiños (Skacha, Keltoi) a guitarra electrica, Diego de Luis (To Nowhere, Foggy Mental Breakdown), batería, e Paulo Pascual (Foggy Mental Breakdown, Trem Fantasma) a guitarra eléctrica e o theremin. Lanzada por músicos procedentes de grupos máis escorados cara o rock, a proposta de Camarada Nimoy extrae deles outra experiencia. Unha estrutura dos temas tan peculiar como traballada e o uso da electrónica danlle un carácter diferenciado ao son da banda. Aviso! Camarada Nimoy é un grupo instrumental ao que lle gusta moito o cine. Camarada Nimoy soa a banda sonora e o seu espectáculo medra coas imaxes que o grupo subministra ao público. O grupo Camarada Nimoy botou a andar o venres 10 de febreiro na sala Playmovil de Vigo tendo como camaradas de escenario aos músicos da banda mexicana Twin Tones. Agora, un ano despois da súa primeira gravación acaban de editar ( o 5 de setembro) o seu primeiro vinilo formato LP cos seus novos temas. Soaron en "El Sótano de Radio 3" "A ponte de Tacoma" e " A fantástica bicicleta de Hofmann" dous temas do nosos novo LP e Diego RJ dixo: Banda viguesa adscrita al género instrumental por su lado más interplanetario, un disco editado en un bonito vinilo de color rojo en donde construyen un surf lounge, galáctico abierto al jazz y a la experimentación, tanto en sonidos como en atmósferas. El empleo de teclados, sintetizaores, theremines, acordeon, e incluso un arpa celta dota a su música de una atractiva originalidad. Nos sorprendieron hace tiempo con su maqueta y con este primer albúm se consolidan como una de las propuestas más aventureras y atractivas de nuestra creciente escena instrumental. Se llaman Camarada Nimoy, el Sr Spock de Star Trek es su guía espiritual, pero no es el único, la siguiente canción se la dedican a aquél famoso y caleidoscópico paseo en bicicleta de Albert Hofmann, hace ya 70 años, en el que este investigador suizo sintió por primera vez los efectos del LSD

http://camaradanimoy.bandcamp.com/ 
https://www.youtube.com/watch?v=KwaMD9LrJCw 

No hay comentarios:

Publicar un comentario