lunes, 10 de junio de 2013

CARLOS SALGUEIRO (cantautor/moaña) venres 14 as 22:00h 5€

A miña música bebe de moitas fontes : o rock, o folk o blues e sobre todo o pop, para conformar unha música ecléctica na que teñen gran importancia as letras, escritas sempre en galego.

No 2007  publico a miña primeira maqueta ( PINGAS),na que grabo de xeito artesanal once temas de Pop en galego.



.
A partir desta publicación entro en contacto con Agustín Moreira. Desta unión xurdirá a necesidade de levar eses temas ao directo e nace CARLOS SALGUEIRO E OS ENGADIDOS



 Deste grupo formarán parte: Agustín Moreira ( batería),Miguel Guerra (baixo),David Paz (guitarra),Ana Angueira e Jacobo Louzán (voces) e Carlos Salgueiro(voz solista e guitarra).
Con esta formación durante os anos 2010 e 2011 actuamos en diversas salas de Galicia.

No ano 2012 inicio a gravación do meu primeiro traballo de estudio U.N. ao que dedico os primeiros seis meses do ano.




Este traballo foi gravado e masterizado en LOURIZÁN RECORDS por Carlos Orcajo  asistido por Mauricio del Solar. Na gravación participaron:
Miguel Gonzalez( batería ), Plácido Montenegro( guitarra ), Javier Nieves( baixo ),Ana Angueira,Jacobo Louzán, María Salgueiro e Helena Pahíno (coros).

http://carlossalgueiro.blogspot.com.es/p/videos_23.html
http://carlossalgueiro.blogspot.com.es/

No hay comentarios:

Publicar un comentario