miércoles, 20 de febrero de 2013

españolada irreverente por carlos amado venres as 22:00h de balde

ESPAÑOLADA IRREVERENTE
VENRES 22 DE FEBREIRO A PARTIR DAS 22´00
BAR LABRANZA MEIRO
Bar Labranza presenta unha audición de vinilos este venres.
Reproduciranse orixinais en sete pulgadas facturados no territorio
peninsular durante os últimos anos da represión franquista. Unha época
rica e variada cun grande frescor e profisionalidade na música. Xa
entón se sabía que a música era un arma pacífica ca que rebelarse na
procura da liberdade. Agora confírmase a tese. O son como contestación
a un estado represor que tamèn sirve para reflectir a situación de
opresión estatal que vivimos no presente. A selección e secuenciación
dos temas estará pilotada polo P.d Outlet 45 no que haberá de ser unha
noite única nos nosos tempos, tratándose da rebelión no guateque á
saída do comite comunero

No hay comentarios:

Publicar un comentario