sábado, 10 de noviembre de 2012

LORENA ALVAREZ (folk/indie/asturias)xoves 15 novembro as 22:00h 5€


Lorena Álvarez

Ola amig@s, comprácenos anunciarvos o concerto que a artista Lorena Álvarez, unha das grandes revelacións deste 2011, ofrecerá no Bar Labranza de Meiro o vindeiro xoves 15 de novembro. Trátase dunha das figuras máis carismáticas xurdidas nos últimos tempos na música estatal, un fenómeno único que constrúe pontes entre tradición e modernidade con sabedoría, honestidade e unha desenvoltura total, ingredientes que fan da música e letras de Lorena Álvarez algo moi especial, como demostra en cada unha das composicións do seu recentemente publicado "Anónimo" (Sones, 2012).


A orixinalidade consiste en volver á orixe, desta forma parece entender a arte Lorena Álvarez. Tan simples como eficaces, as cancións da asturiana están cheas de alma, de espírito verdadeiro e mensaxe atinada, e quedan gravadas antes de dicir Amén. Nun acto moi pouco común estes días, Lorena reivindica a tradición cultural dun xeito moi claro: a canción popular, aínda sen poder obviar o feito de estar en pleno século XXI.
Tras esgotar existencias da maqueta "La Cinta" nunha semana, entrega agora un esperado debut asinado co seu nome e apelido, e titulado brillantemente "Anónimo" porque as súas cancións, di ela, son de todos. Rexistros como a xota -nas súas diversas variantes-, os romances, o pasodobre, a música sefardí ou, sen ir máis lonxe, as verbenas dos pobos, son a influencia dunhas composicións sorprendentes. Son cancións que quereremos cantar na casa, nunha praza, no campo e na praia. Porque da mesma forma que, cando temos que contar as nosas historias máis embarazosas e comprometidas, llas endosamos a "un compañeiro do traballo", encantarános cantar sen ningunha vergoña estas historias de irrepetibles noites en vela, infidelidades, traizóns e egocentrismo.

Un dos feitos máis interesantes que acompañan á figura de Lorena Álvarez é que, por enriba de todo isto, posúe unha personalidade moderna e verdadeira. No sorprendente vídeo de "A Voda", na coidada arte confeccionada para a edición do disco, e mesmo a través das entradas do seu blog, queda patente o encanto que acompaña calquera mostra da súa creatividade. A xente que acode aos seus emotivos concertos é distinta e de idades moi dispares. Algúns son seguidores das últimas tendencias, e outros xamais se preocuparon por algo de semellante natureza. Pero que alguén conseguise isto antes mesmo do seu primeiro disco, é sinal de que temos algo especial entre as mans.




LP “Anónimo” en Spotify:
Vídeo “La Boda”:
directo Waaau.tv:
LP “Anónimo” en lista de Youtube:
Blog:
maqueta:

No hay comentarios:

Publicar un comentario