jueves, 21 de febrero de 2013

FISGHA (free/folk/galicia)sabado 23 f as 22:30h

FISGHA 
Free-Folk
Este proxecto en formato de trìo viaxa por paises, ritmos e estilos dende unha perspectiva folk e galega de seu. 
Tres músicos cunha dilatada carreira, que empregan FISGHA para experimentar sons, xerando libertad por medio de ritmos e melodìas tridimensionadas; o seus timbres traenos sons analoxicos con instrumentos feitos por os millores artesàns do paìs.
Fisgha son:
_ Nico Ricòn: Saxo e gaita (Festicultores ,Pelepau, Tridentes...)
_Alberto Lopèz: Percusiòns (Pelepau, Caramuxo Vermello...)
_Diego Langarika: Bouzuki (Xerfa, 3Estralos, Tridentes...)

miércoles, 20 de febrero de 2013

españolada irreverente por carlos amado venres as 22:00h de balde

ESPAÑOLADA IRREVERENTE
VENRES 22 DE FEBREIRO A PARTIR DAS 22´00
BAR LABRANZA MEIRO
Bar Labranza presenta unha audición de vinilos este venres.
Reproduciranse orixinais en sete pulgadas facturados no territorio
peninsular durante os últimos anos da represión franquista. Unha época
rica e variada cun grande frescor e profisionalidade na música. Xa
entón se sabía que a música era un arma pacífica ca que rebelarse na
procura da liberdade. Agora confírmase a tese. O son como contestación
a un estado represor que tamèn sirve para reflectir a situación de
opresión estatal que vivimos no presente. A selección e secuenciación
dos temas estará pilotada polo P.d Outlet 45 no que haberá de ser unha
noite única nos nosos tempos, tratándose da rebelión no guateque á
saída do comite comunero

jueves, 14 de febrero de 2013

GRUPO VERASON (son cubano) domingo17 as 22:00h 4€

este domingo 17 as 22:00h para rematar o entroido estaran actuando esta vez en formato quinteto no labranza o GRUPO VERASON  formado por
TONI VERA GUITARRA
JESUS PAZOS  PERCUSION
REINIER ALDANA PERCUSION COROS
ALEX LORENZO BAIXO
FRANQUI VALENCIA TROMPETA
http://www.youtube.com/watch?v=24EA9h5rw7c

jueves, 7 de febrero de 2013

DURARARA (shoegaze /Vigo)SZENTES(rock/Vigo)sabado 9 as 22:30h


Durarará! son un trio vigués integrado no Colectivo Metamovida. Seus membros tocan ou tocaron  en bandas como Guerrera, Cuzo, Qa, Buogh!, Sugar Overdose...as suas  influencias son diversas e infinitas dende o indie rock ou o noise, pasando polo orientalismo e o anime. Pode decirse que sua música movvese  entre o  powerpop máis enérxetico e a  experimentación sónica.
podedes escoitar un adianto  do qu vai ser o seu primeiro disco  http://durarara.bandcamp.com/


http://www.myspace.com/durararaband
http://szentes.bandcamp.com/album/lolofi
http://durarara.bandcamp.com/
http://www.facebook.com/Durarara.band

martes, 29 de enero de 2013

GONZALO ARCA (COUNTRY/ROCK/PO) VENRES 1 as 22:30 de balde

GONZALO ARCA (COUNTRY/POP/PO)
tralo seu paso por bandas como Vado Permanente, The Preachers y Sugar Mountain afronta agora sua carreira en solitario.
No seu repertorio conviven temas propios e versions de artistas da talla de Bob Dylan, The Beatles, Chris Robinson, The Rolling Stones..
https://www.youtube.com/watch?v=7m7TJ7i4e7c

sábado, 19 de enero de 2013

MARTELO (rock/galiza) sabado 26 as 22:00h 5€

MARTELO é o Power Rock Trio de Xacobe Martínez Antelo, que xunto a Manuel Cebrián na guitarra e Max Gómez na batería, ven a aportar unha dose enerxética de actualidade á escena estatal do Rock. Cancións orixinais, combativas, e poderosas con letras corrosivas e mordaces en galego. Os poucos que escoitaron a MARTELO, sinalan a Jimi Hendrix, Rage Against the Machine, Os Resentidos, Urban Dance Squad, Def Con Dos, Red Hot Chili Peppers ou Rollins Band, como principais referencias. Para sair de dúbidas, nada como velos en directo...
Formación:



Max Gómez, batería
Manuel Cebrián, guitarra
Xacobe Mártinez, baixo e voz.
Máis info:
http://www.martelorock.com
https://www.youtube.com/watch?v=i0Osy30EXJQ&list=UUmEGA_rA0AO4iPERjYm-A5A&index=1
https://www.youtube.com/watch?v=GRnYh6dy_cE&list=UUmEGA_rA0AO4iPERjYm-A5A&index=2
https://www.youtube.com/watch?v=MFd60pVrQ4A&list=UUmEGA_rA0AO4iPERjYm-A5A&index=3

domingo, 6 de enero de 2013

CIBORGUE MORENO ( Electro kitsch Rio de Janeiro ) dom 13 as 21:30h 3€


Biografía
A estética do duo Ciborgue Moreno unifica a corrente da música eletro brega com composições que bebem diretamente do kitsch oitentista da “Movida Madrilenha”.

Surgiu no final de 2010 pelos atos psico-mágicos de Paula Sanmartín e Túlio Rosendo na tentativa de igualarem seus coeficientes imaginários para juntos contar estórias inteligentes sobre o papa figo e outras lendas nordestinas/galegas.

O primeiro EP foi lançado em março de 2012 e contém 5 músicas que estão disponíveis aqui para download. Relax and enjoy!
http://www.myspace.com/ciborguemoreno
http://www.soundcloud.com/ciborguemoreno
http://www.youtube.com/watch?v=Ogse4jXHEyQ