Páginas

viernes, 15 de enero de 2016

juzz (jazz/rock/ pontevedra) luns 18 as 21:30h 5€

Ola, xente das Rías Baixas (sobre todo pero non só), animádevos a pasar polo Labranza este luns 18!!! Estreamos banda!!!

Juzz somos:

Rosolino Marinello: tenor
Virxilio da Silva: guitarra
Xan Campos: Fender Rhodes
Alex Salgueiro: Hammond
Felix Barth: baixo
Iago Fernandez: batería

Podedes escoitarnos aquí:

https://soundcloud.com/virxilio-da-silva/lamento-fuzz
https://soundcloud.com/virxilio-da-silva/rathenow-towers
https://soundcloud.com/virxilio-da-silva/outro-tempo

Un pouco de literatura:

O guitarrista Virxilio da Silva comeza a súa formación no Seminario Permanente de Jazz de Pontevedra. Posteriormente obtén a licenciatura nesta especialidade na ESMAE do Porto. Grava o primeiro disco en formación de trío no ano 2005 (S.0.S Trio : 106 Underground St.) e no 2009 edita o seu primeiro traballo como líder, Odysseia, con Walter Smith III, Marcus Gilmore, Derek Nievergelt e Xan Campos. Ademais ten colaborado en numerosas gravacións como sideman ao longo dos últimos dez anos.


Vén de rematar o pasado mes de Xuño os estudos do master europeo EUJAM no Conservatorium van Amsterdam, Conservatoire Supérieur de Musique et Dance de Paris e Rhythmic Music Conservatory de Copenhague.


Nesta ocasión, Virxilio vai presentar os seus últimos traballos, froito destes dous últimos anos de procura e experimentación, unha música cuxas influencias van desde o rock máis psicodélico e ácido de finais dos sesenta até o jazz, pasando polo pop avant-garde máis experimental, o noise e o stoner rock. Unha música que ten como máxima a procura da liberdade alén da súa clasificación nun xénero determinado e que aspira, por enriba de todo, a manifestar a súa esencia subversiva.

No hay comentarios:

Publicar un comentario