Páginas

miércoles, 22 de mayo de 2013

FLUZO (hip/hop/gz) sab 25 as 22:00h entrada + disco 7€ sen disco 5€

Fluzo carburan cara o lado contrario do que sopra o vento. A tímbrica, as programacións,as estructuras; todo reafirma que están a buscar outra cousa dentro do xénero. Sen peras  co virtuosismo; eiqui hai moito corazón, e o experimental non é máis ca unha ferramenta. A proba disto é a particular combinación de instrumentos dos seus temas. A súa obra captura o sabor da electrónica non bailable dos 90, a sensibilidade das bandas sonoras dos videoxogos en cassette, as tripas do delta bluesgravado cun só micro ou a ausencia de limites no rap clásico. E con isto non nos referimos a fusilar a súa colección de discos. Eiqui non hai reciclaxe nin homenaxes. Trátase de descubrir que lle pasaba pola cabeza a Antonio Machín cando pronunciaba que se vive somentes unha vez. Fluzo lévanos a compartir momentos de soidade, sexo deportivo, amores obsesivos e festas onde menear as cachas; as súas liricas andan a navegar por un pequeno universo, cun imaxinario que se repite coma no mundo dun autor de comix. Léxico selecto e fonética acrobática dende a Galiza universal, aquela extensión que formaba o mundo antes de separarse en continentes e da que ainda quedan restos por aí espallados, permitindo atopar un paisano en calquera punto do planeta. Son quen de levar o chiptunes, os aparatos máis bastardos do circuit-bending e a colección máis potente de Casios modificados da Europa non-civilizada ben lonxe do seu contexto, ata bailar entre ritmos hipnóticos e programacións que desafían as leis matemáticas. Eche a hostia porque, así e todo, no fondo trátase dunha historia ben espontanea.
Para Fluzo o natural é cuestionaren as cousas.
http://vimeo.com/65231897#
http://www.youtube.com/watch?v=A_wCd0Uoxho&noredirect=1
http://www.youtube.com/watch?v=oIBrl86CEIw&noredirect=1
https://www.youtube.com/watch?v=CKg4NrLy4Vs&noredirect=1
https://vimeo.com/16958597#at=0

No hay comentarios:

Publicar un comentario