Páginas

viernes, 30 de enero de 2015

A VECES CICLÓN (Galicia/València, Acuarela) Domingo 1 de febreiro 21;30h 5€


Dous anos despóis voltamos a un dos nosos sitios preferidos, o encantador Bar Labranza en Meiro (Bueu). Ese pequeno gran lugar. Un dos cada vez máis numerosos templos da música en direto dos que actualmente goza Galicia.
Agardamos vervos por alí, tomámoslle unha cervexa con Rafa, Charlie e toda a xente riquiña do Morrazo.

 


A VECES CICLÓN
Bandcamp: https://avecesciclon.bandcamp.com/
Facebook: https://www.facebook.com/vecesciclon
Conciertos de Radio 3: http://www.rtve.es/alacarta/videos/los-conciertos-de-radio-3/conciertos-radio-3-veces-ciclon/2055987/

CLAIRE TONNA BAND sab 31 21:30h 5€

Night Skin (pel da noite) é un concerto con temas da cantaattrice Claire Tonna de Malta, que transmite a tenra e forte pel que nos dá a vida cando nos fai afrontar emocións e experiencias duras. Trátase de facer fronte á noite, á soidade, ao "non amado", á depresión... á escuridade e á fraxilidade que experimenta a nosa natureza humana ... e como o sufrimento transforma o noso ser. Os temas falan de cómo a luz e a escuridade son dous amantes que fan o amor con nós, cómo nos transforman e nos fan renacer, cómo son a nosa pel máis forte e tenra. A noite é clara como o é o día. Non hai que temer desta nai noite, hai que vivila, deixala que nos ame e transforme o noso ser, que chegue a ter gracia na alma, no noso corpo e na nosa pel. Ata o de agora, este concerto creou nas persoas fortes emocións e un agradecemento por estar vivas e ser amadas en cada respiro que nos dá a vida.