BLA BLA BLA!
FESTIVAL
Sensible Soccers, Guerrera, Lendrone, Salvation Army, Camarada Nimoy e República Disco Apocalipso Dj no Bla Bla Bla! Festival o
sábado 11 de Agosto.
O
festival Bla Bla Bla! organizado
polo Bar Labraza terá a súa segunda
edición o próximo sábado 11 de Agosto,
na pista da Morada (Meiro – Bueu) a
partir dás 22:00 horas. Nesta edición o
BlaBlaBla! contará coas bandas Sensible
Soccers, Guerrera, Lendrone, Salvation Army , Camarada Nimoy e República Disco Apocalipso Dj.
Bla Bla Bla! presentase
co propósito de dar continuidade a primeira edición do festival que se realizou
en 2011, o cal presenta a bandas independentes e alternativas os festivais
convencionais, tras o paso da maioría delas en directo polo Bar Labranza.
O
festival é gratuíto con entrada de balde
e prezos populares. A organización
pide os asistentes a colaboración consumindo na barra do festival e mercando
camisolas para poder financiar o evento.
O Bla Bla Bla! terá lugar na pista da “Morada”en Meiro – Bueu (Pontevedra)
o próximo sábado 11 de Agosto a
partir das 22:00 horas.
Para
máis información sobre o festival e as bandas ou xestionar entrevistas non dubidedes en
poñervos en contacto.
Máis
información en www.labranzameiro.blogspot.com
https://www.facebook.com/bar.LENDRONE
Electrónica / Rock - A Coruña
O trío Lendrone, unha das
últimas bandas iluminadas do indie coruñés conxugan un son con interese
analóxico, intencións psicodélicas e método repetitivo.
Lendrone estrean material “UNO” o seu primeiro EP, gravado nos
Estudios Círculo Polar de O Grove, do que se pode escoitar un adianto na súa
páxina de bandcamp: http://lendrone.bandcamp.com/
Un batería de sons secos e enérxicos, un baixista -
teclista de melodías kraut e un guitarrista - teclista versátil e prudente
creando frases melódicas e destruíndoas en temas de 3-4 minutos.
Unha banda con destreza á hora de interpretar ritmos
que van máis aló do catro por catro e un son cheo de orixinalidade. En directo
soan cun empaque e unha brutalidade asombrosa con temas como “Donbalón”,
“Canyonero”, “Velocirapidor” ou “Electromontrove”.
SALVATION ARMY
Grunge /
Punk / Rock - Pontevedra
Salvation Army é un grupo inspirado no
punk-rock californiano dos 90. Nacen en decembro de 2010 e presentanos a súa
primeira maqueta “Out to play”. Liderados por Bruno T. Ford (Rio
Bravo) ao baixo e voz, G. Maceira
guitarra, e V. Mosquera batería. Beben
do grunge e rock dos 90.
http://salvationarmy.bandcamp.http://www.myspace.com/salvati
GUERRERA
Blues / Psycodelic / Rock/ - Pontevedra
Guerrera, comando de Psychedelic Gipsy Blues, xuntaronse en
2009 para aventurarse en terreos tales como o blues de pantano, o rock
psicodélico, a experimentación e a filosofía setenteira.
Guerrera arranca con forza, gravando
o seu primeiro disco en riguroso directo en Planta Sónicoa 2 en Vigo. Naceron
en Pontevedra no 2009, formado por membro e ex membros de grupos como Holywater, Ictus ou Cuzco. Din que se
tiberan que poñer algunha etiqueta “la etiqueta más sincera es el Blues, porque
si no hay Blues en lo que haces no tienes alma, ejecutas pero no tienes alma.”
Participaron no proxecto de La Metamovida, un conxunto de tolos pola música e todo o musical
xunto con Cró!, Unicornibot, Why Go, Bough!, Es un Arbol e Durará. La
Metamovida surxe en 2011 o redor da “Orquesta
Metamovida”, membros das formacións que se xuntaron baixo o concepto de
improvisación conducida. Máis información sobre La Metamovida na súa páxina web
http://www.metamovida.org
Banda formada por Alvaro Gallego o baixo, Luis Casanova
á batería, Hugo Santeiro a guitarra barítono e Alejandro Canoura a guitarra
barítono, harmónica e voz.
SENSIBLE SOCCER
Electrónica / Pop – Portugal
Os
portugueses Sensible Soccers tráenos
dende o rural portugués o seu delicado e ensoñador pop electrónico.
Nados de Vila do Conde, Sensible Soccers brotou na forma de dúo, a día de hoxe tratase dun
cuarteto portugués integrado por Emanuel Botelho, Filipe Azevedo, Hugo Alfredo
Gomes y Né Dos Santos.
Acaban de lanzar o seu primeiro EP, publicado polo selo AMDISCS en casete e que
serven gratuitamente dende o seu bandcamp.
A súa música ensambla os sons de guitarras
eléctricas e dos efectos electrónicos de
sintes e caixas de ritmo. Capas de sintetizadores, voces murmuradas e fráxiles
guitarras.
https://www.facebook.com/sensiCAMARADA NIMOY
Instrumental / Surf – Vigo
Camarada Nimoy non son unha banda de surf
nin de swing nin de jazz. Pero gustan de todos e cada un deses xéneros.
Tampouco os seus membros son uns fanáticos trekkies de orellas en punta, pero
están fascinados pola vasta multitarefa musical e poética de Leonard Nimoy,
maiormente coñecido polo seu papel de Dr. Spock en Star Trek.
Camarada Nimoy é a reunión de catro
músicos cun obxectivo: levantar unha proposta propia que se alimenta da música
lounge pero tamén do surf terror.
O grupo está formado por Pablo Muñiz (Transilvanians, Foggy Mental Breakdown)
ao baixo, Gontxu Muiños (Skacha, Keltoi)
a guitarra electrica, Diego de Luis (To
Nowhere, Foggy Mental Breakdown), batería, e Paulo Pascual (Foggy Mental Breakdown, Trem Fantasma)
a guitarra eléctrica e o theremin.
Lanzada por músicos procedentes de
grupos máis escorados cara o rock, a proposta de Camarada Nimoy extrae deles outra experiencia. Unha estrutura dos
temas tan peculiar como traballada e o uso da electrónica danlle un carácter
diferenciado ao son da banda.
REPUBLICA DISCO APOCALISO
Republica Disco Apocalipso é
unha sesión musical que percorre a música de baile dende o Discofunk, a New
Wave, Post-Punk e o Synth-Pop de finais dos 70, principiosdos 80; pasando
polo Disco Dance Mutante, Electro Beats e Ritmos Tropicais dos 80-90; para
rematar cos sons bailables máis actuais.
Todo isto aderezado e remexido con clásicos populares (trapos sucios), sintetizadores, samplers e efectos sonoros.
Ademais da parte
musical, compleméntase cunha parte visual na que se inclúen proxeccións de
imaxes e texturas manipuladas a tempo real, que
acompañan a reforzan a mensaxe de República Disco Apocalipso: Baile, chispazos e actitude.
acompañan a reforzan a mensaxe de República Disco Apocalipso: Baile, chispazos e actitude.
República
Disco Apocalipso son:
Sisco Larinho, traktor-samples
Jas Processor, dj-electribe-dubs
Ultramariño, visuais-imaxes